Outros lugares de interese

  • Santiago de Alba:
  • > Igrexa do século XII
  • > Castro de Croa, a 500m da igrexa
  • > Queixerías ecolóxicas

  • Berbetouros (San Miguel)
  • > Igrexa románica reformada no século XVIII
  • > Castro de Camouco

  • Marza
  • > Igrexa do século XIII con pinturas románicas
  • > Castro

  • Augasantas (San Xurxo)
  • > Castro

Qué Visitar

Vilar de Donas

Mosteiro fundado pola Orde de Santiago en 1194. De estilo románico e con pinturas góticas no seu interior, a igrexa actual é do século XIII e foi restaurada en 1966. O nome do Mosteiro ten a súa orixe nas pinturas dunha serie de bustos de mulleres de melancólica expresión que se poden observar no seu interior.

Castelo do Pambre

Castelo de Pambre

Posiblemente a mellor mostra de arquitectura militar que existe en Galicia, das poucas que quedaron en pé tralas Revoltas Irmandiñas (S. XV). Erixido en granito por Gonzalo Ozores de Ulloa cara o 1375 sobre un outeiro que domina o entorno, tiña funcións militares e mesmo gorecía aos peregrinos que ían a Compostela. Pode visitarse acompañado de guía municipal.

Pazo de Ulloa

Casa e familia que inspirou a Emilia Pardo Bazán na súa máis famosa obra (“Los Pazos de Ulloa”). No seu momento de maior esplendor contaba con alcázar e patio de armas. Foi reconstruída en 1862, logo dun incendio que só deixou en pé os muros.

Ponte Romano de Ferreira

Vía romana de Lugo a Iria Flavia que se converteu durante a Idade Media no Camiño de Santiago Primitivo.

Rutas Senderismo

Roteiros de Sendeirismo

Os ríos Ulla e Tambre permiten gozar dunha paisaxe de gran beleza, aínda que pouco transitada, con diversos puntos de interese:
  • > Ruta de los torrentes de Mácara
  • > Aeroxeradores no Careón
  • > Petróglifos de Cabana